Con motivo do Días das Letras Galegas adicado a Manuel María, o Grupo Sarabela Teatro achéganos a Ponte Vella “Contos Contigo”, unha actividade que pretende implicar aos rapaces a través do xogo dramático.

Partindo da repetición de pequenas coreografías e voces que acompañan a narración dos contos, os nenos e nenas veránse implicados nas historias como se eles as estiveran creando. Escoitar e participar nun xogo divertido e pedagóxico.

En Planta Baixa, o luns 16 de 18:30 a 19:30 horas.

© Derecho de autor - Patricia Joga
UA-8793229-23