Con motivo do Día das Letras Galegas, adicado este ano a Carlos Casares, temos unha serie de actividades infantís preparadas en Ponte Vella que se realizarán o venres 12 e o martes 16:

O venres 12 ás 19:00 horas en Planta Baixa, contacontos dramatizado con dúas actrices no que se empregan numerosos elementos de atrrezzo que aderezan a narración engadindo así o factor sorpresa. As actrices son Uxía Pérez e Tegra Vázquez, ambas compoñentes da compañía TRÉCOLA TEATRO.

O martes 16 tamén as 19:00 horas en Planta Baixa, contacontos, xogos e enredos con A RUN RUN. Os nenos e nenas  gozarán de historias dunha maneira moi teatral, un personaxe chega onda eles e fainos participes dos contos que saian da maleta. Relacionado con Carlos Casares da maleta sairán: galiñas azuis, ovos de cores, laranxas ou limóns.

© Derecho de autor - Patricia Joga
UA-8793229-23